Verbas en perigro extinción

lunes, 18 de diciembre de 2017

Gandeiría Roidiz



“Ganadería Roidiz”


   Proxecto situado na parroquia de Ribadeume no concello de As Pontes. Mantivemos una conversa con Jorge Filgueira, fillo e neto de gandeir@s. Ten una sociedade formada pola sua mai, Mª Elena Bellas e a sua moza, Teresa Molina.
   Dende pequeno soubo que a súa vida profesional sería na gandeiría, o seu avó tiña un posto de monta e tiña preto una queisería que lle mercaba a sua produción de leite, posuía 27 cabezas e como nos contou Jorge, era un home moi atrevido ao que non lle asustaba ser pioneiro, foi o primeiro da zona que fixo un establo para gardar ó gando, isto foi nos anos 70 e claro, marcou tendencia.
   A gandeiría foi crecendo e xa coa súa mai, Mª Elena, chegaron a ter 50 cabezas e agora na actualidade contan con 70 querendo chegar a unhas 100. Na actualidade están nun período de conversión e contan para o ano 2018 ter o certificado en ecolóxico.
- Jorge,¿Por qué decidiches ser gandeiro?
  Sempre o souben. Cando rematei 8º de E.G.B. lémbrome que nos fixeron una proba para saber se éramos mais aptos para estudiar unha F.P. ou B.U.P., eu saín que podería valer para calquera das dúas, pero eu xa o tiña claro. Aínda que tamén sabía que para coidar vacas tiña que formarme e así é que fixen o Ciclo de Explotación agraria extensiva, un módulo de Marketin, outro de Xestión e outro mais de Paisaxes e Medio Rural. É un erro pensar que para coidar vacas vale calquera, hai que saber moitas cousas.
- Fálanos dos momentos no camiño: primeiro dos difíciles, desilusionantes, problemáticos,… e despois dos gratificantes, fermosos, estupendos,…
   O que se me ven á cabeza como momento difícil para nós e para o noso gando foi cando hai uns anos empezou a estenderse a enfermidade que transmiten as carrachas, coñecida como babesia. Foi moi duro xa que trátase dunha enfermidade na que moitos animais non aguantan a medicación e os que a soportan teñen una recuperación moi lenta. Tivemos que recurrir a axudas para estabilizarnos pero había moitos momentos que pensábamos que non íamos poder con ela.
   En canto aos momentos positivos, para mi son moitos e podo dicir que tódolos días, cando nace una becerra, despois de coidala e criala chega á idade na que xa está preparada para parir, vivir ese ciclo faime feliz. Calquera momento é satisfatorio, meterme na fraga, ver bichos,… valorar todo o que me rodea, se non tivera todo iso non houbera elixido estar aquí, deso estou seguro.
- ¿Qué repercusión tivo na zona que vosoutros esteades aí?
   Pois non sabería dicir se o noso traballo fixo algo na zona, aínda que pensándoo ben, o meu avó foi o primeiro en ter un establo e esa idea contaxiou ao resto d@s veciñ@s. Tamén fomos os primeiros en decidir que no verán as vacas estaban millor quedándose fora a pasala noite, aproveitaban a fresca, isto daquela era una tolería, hasta que comprobouse con feitos que era moi bo. A miña casa foi pioneira no ensilado en bolos, no uso de maquinaria novidosa,… Facemos un sistema de pastoreo orixinario de Francia que se chama Pastoreo Voisin. Todo isto xenera, ao principio moitas críticas, hasta que co paso do tempo demostras que funciona.
- Jorge, según o teu entender, ¿qué camiño ten que seguir o rural para que viva?
   O primeiro que penso e que os e as que vivimos na actualidade no rural temos que producir algo que se teña que recoller tódolos días, abandonar completamente o monocultivo extensivo forestal que está matando o noso entorno.
   Darlle valor ao noso, imprescindible.
   Formarse para poder levar a cabo calquera actividade ou profesión relacionada co rural, non infravalorar os oficios pensando que calquera pode facelos, a ignorancia é moi perigosa.
  Abrirnos a ver e observar outros países onde o campo está vivo e xenera benestar, como por exemplo, Francia, Bélgica, Alemania,… xa que nos temos un paraíso de entorno e teríamos todo o necesario para logralo.
Contacto “Ganadería Roidiz”:



O Forno das Candeas


                                                          Sabela empaquetando bolachas

 “O Forno das Candeas”

   Proxecto situado no lugar A Tabeira, na parroquia de Golmar pertencente ao concello de Laracha, na provincia da Coruña onde Sabela e Luis formaron una empresa C.B. chamada “O Forno das Candeas”.
   Os seus inicios veñen de cando decidiron asentala sua vida no Courel, onde estiveron sete anos, traballaban un souto e reconstruiron un sequeiro para basear a súa producción en productos derivados da castaña: fariña, pan, bolachas e magdalenas, ademáis da comercialización do propio froito, alí o seu proxecto coñecíase co nome de “O Sequeiro da Portela”.
   Fai dous anos decidiron cambiar de lugar e foi cando se asentaron nun lugar do concello de Laracha donde ampliaron os seus productos e agora mesmo a través do Forno das Candeas comercializan pan de diferentes fariñas: trigo, centeo, millo e a sua especialidade o de castaña e continuaron coa sua producción de bolachas.
   Pertencen á Asociación Labrega Natura que está formada por socios e socias a título persoal, empresas e cooperativas que viven e desenrolan os seus proxectos na contorna de Bergantiños.
Lles preguntamos a Sabela e Luis polos seus momentos no camiño que levan percorrido,
¿Podedes resumirnos cales son os elementos facilitadores e os elementos que dificultaron o voso camiño?
Sabela: vou a nomear dous aspectos que para min entorpecen ou dificultan o noso camiño:
-          Os precios dignos e xustos dos nosos productos, xa que no sector alimentación nos teñen habituados a una tirada polo baixo do precio dos alimentos.
-          A ignorancia nosa de non ser continuadores das tradicións rurais e eso provoca que aparezan dificultades na xestión do territorio. Cando cheguei ao Courel tiven que adicar mais de tres anos en estar en convivencia continua cos e coas veciñas aprendendo, o Courel foi para min una segunda universidade.
Luis: para min o que se me ven á cabeza neste momento é a incapacidade para crear comunidade cercana, persoas coma nos, con nenos e nenas, compartir o proxecto,… cercanos en distancia xa que na montaña ese é un gran problema. En Laracha isto conseguímolo.
En canto os aspectos facilitadores do camiño Sabela o resume nunha frase “todo o aprendido”
Luis: Sempre saindo de nos un respeto total polo que alí xa había a hospitalidade da xente da montaña, nos fixeron sentir arroupados e apoiados.
Sabela e Luis desde a vosa experiencia ¿qué camiño ten que seguir o rural para que viva?
Sabela: Para min está claro, que as persoas nos xuntemos, nos organizemos, a volta aos traballos comunitarios, fai pouco leín una frase que resume isto”Sos, imos mais rápido pero xuntos e xuntas chegaremos mais lonxe”. Outro factor moi importante para que as aldeas sigan vivas e saber que dependemos das ciudades e das vilas, xa que é donde están os e as consumidoras aos e as que hai que concienciar do que consumen, que sexan persoas activas no consumo e que saiban apoiar aos e as productores e productoras.
Luis: Eu faría una diferencia entre a montaña e o resto do rural, así que para que a montaña siga viva e que sexa mais fácil xenerar novos asentamientos terían que existir unas axudas brutales para os/as habitantes da montaña, por exemplo, beneficios fiscais, facilidade de servicios,… E para o rural en xeral, comparto con Sabela a necesidade de xuntarnos e que dalgún xeito a administración ten que darse conta de que ter xente vivindo fora das cidades costa menos cartos xa que isto implica que os camiños están limpos, as terras cultivadas o que provoca una loita natural contra os incendios,…Teñen que darlle a volta, a xente no rural coida un territorio distribuindo o esforzó para tal fin. E por suposto invertir moito en educación alimentaria a cal repercutiría directamente na saude das persoas o cal nos levaría a reducir o gasto público en sanidade.
Para contactar co Forno das Candeas:
-          Páxina web: www.candeas.com
-          E-mail: fornodascandeas@gmail.com
-          Facebook: fornodascandeas